05 marzo 2010

Fuxan os Ventos en Concierto

Caixa Galicia leva a A Coruña a música tradicional do grupo galego ‘Fuxan os ventos’

Mañá sábado, día 6 de marzo, ás 21.00 horas, o escenario do Colón Caixa Galicia acollerá o concerto do grupo Fuxan os ventos que presentarán ao público coruñés os temas do seu último traballo discográfico, “Terra de soños”.

Con nove discos editados e unha traxectoria de máis de trinta anos, Fuxan os Ventos xa traspasou fronteiras e xeracións. O concerto de Fuxan os ventos enmárcase dentro do ciclo ‘Xacobeo Raices’, organizado con motivo do Ano Santo compostelán.

As últimas entradas para asistir ao concerto poden adquirirse no Despacho de billetes de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es) e no teléfono 902434443.

Fuxan os ventos é un grupo de música tradicional que se caracteriza por estar comprometido coa historia e a identidade de Galicia. Neste novo traballo musical, o grupo retoma cancións populares galegas e as mistura con novas formas de expresión do folk.

Neste disco o grupo conta coas colaboracións de destacados músicos do panorama galego actual e co acompañamento dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais do proxecto.



No hay comentarios: